ecualizador
(
-
s
m
[TECNOL]
-
Circuíto electrónico destinado a igualar ou a facer constantes as características de amplitude ou de fase, en función da frecuencia, dun equipo ou aparato en que son necesarias estas variacións co fin de mellorar a súa calidade.
-
Calquera aparato ou circuíto que fai variar a amplitude e a fase coa frecuencia sen ter que facer constantes as variables amplitude e fase.
-
-
s
m
[TECNOL]
Aparato auxiliar dos sistemas de reprodución de son que permite modificar a tonalidade dos sons mediante unha serie de controis, que actúan cada un deles sobre unha parte do espectro. Hai ecualizadores monofónicos ou estereofónicos, segundo teñan unha ou dúas canles de sinal. No segundo caso, os controis poden estar, ou ben xuntos polas dúas canles, ou ben separados. Os ecualizadores gráficos teñen os controis dispostos verticalmente, de xeito que a súa posición dá aproximadamente a forma da curva de resposta do aparato. Cada control actúa sobre un filtro que acada unha parte do espectro de frecuencias; no caso dos ecualizadores gráficos, os controis varían a atenuación ou a ganancia do filtro. O número de controis e, xa que logo, o dos filtros pode ir de cinco ata doce ou máis. Os ecualizadores paramétricos teñen poucos filtros, normalmente cinco ou seis, pero en cambio teñen controis para variar as súas características, como a frecuencia central, a amplitude de banda e as pendentes do filtro. Isto non é posible facelo no caso anterior. O uso deste ecualizador restrínxese preferentemente ao eido profesional, mentres que o primeiro tipo se utiliza igualmente polos afeccionados.