ecuestre
(< lat equestre)
-
adx
Relativo ou pertencente á equitación.
Ex: Nas festas deste ano houbo actuacións ecuestres.
-
-
adx
Relativo ou pertencente aos cabaleiros.
-
orde ecuestre
[HIST]
Clase romana situada por baixo da senatorial e integrada orixinalmente polos cabaleiros, a vella clase militar da que se nutría a cabalería romana dende Servio Tulio. No s III a C perderon as súas funcións militares pero conservaron a súa preeminencia social, que se incrementou no s II a C, xunto co seu peso económico. Dende o 129 a C definiuse unha nova categoría de cidadáns libres que acreditaban no censo a posesión dun millón de ases ou 400.000 sestercios e, fronte aos senadores, se dedicaban aos negocios, ao comercio a grande escala, á recadación de impostos e traballaban como contratistas das obras públicas. Integráronse nesta clase os publicani, ricos comerciantes e intermediarios. A súa presencia no poder político era escasa e os seus membros tiñan dereito a levar como distintivo o angusus clavus, dúas franxas de púrpura de dous dedos de ancho na túnica que simbolizaba a súa posición.
-
adx
-
[ARTE]
-
adx
Aplícase ás obras de arte que representan unha persoa a cabalo.
-
estatua ecuestre
Escultura que representa unha figura humana sobre un cabalo. Este motivo iconográfico remóntase á antigüidade clásica, onde aparece no reverso das moedas, nalgúns relevos -entre os que destacan os frisos do Partenón de Atenas-, e nalgunhas esculturas exentas como o cabaleiro Rampin. Da época romana consérvase o bronce de Marco Aurelio (178-180 d C), que Michelangelo colocou no centro do Capitolio en Roma e que se converteu no paradigma das representacións ecuestres do Renacemento. Entre as representacións escultóricas renacentistas cómpre salientar Il Gatamelata, de Donatello, e Il Colleone, de Verrochio, e, entre as pitóricas, o fresco de John Hawkood de Paolo Ucello e Carlos V na batalla de Mühlberg de Tiziano. Dende o s XVII foi unha representación empregada polos soberanos, entre outras destacan as de Filipe III e Filipe IV en Madrid, e no s XIX foi a postura preferida nos monumentos dedicados a militares. Dos escultores contemporáneos que se interesaron por este tema cómpre mencionar a Marino Marini, autor de O anxo da cidade (1949).
-
adx
-
bens ecuestres
[HIST]
Na época feudal, bens polos que se prestaba o servizo de cabaleiro.