Edgeworth, Maria

Edgeworth, Maria

Escritora inglesa. Recibiu a influencia de seu pai, Richard L. Edgeworth, home culto e deputado de Edgeworthstown (Irlanda). Ten obras de interese pedagóxico, como Letters to Literary Ladies (1793) e On Practical Education (1798). Tamén escribiu Castle Rackrent (1800), sobre a vida dos campesiños irlandeses, e Leonora (1806), de tendencia romántica, inspirada no amor da autora polo conde sueco Edelcrantz, que coñeceu en París (1802). Despois da morte de seu pai a súa produción literaria diminuíu e só editou Memoirs of R. L. Edgeworth (1820) e Helen (1834).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Blackbourton, Oxford

  • Deceso

    Lugar : Edgeworthstown