Edicións Baía
Edicións Baía
Empresa editorial fundada na Coruña en 1990. Como editora traballa María Inés Ruíz Correa e como director adxunto Xoán Miguel Pazos Castelo. Con máis de cen títulos publicados, tenta ofrecer novas obras e manuais dedicados ao ensino, fóra dos clásicos libros de texto, e oferta novos materiais didácticos e un apoio complementario, cunha programación variada e novidosa. Publica, entre outros, libros científicos e técnicos, manuais de texto, libros ilustrados e de gran formato, literatura e cómics, divididos nas coleccións “As Nosas Vilas”, “Baía Branca”, dedicado á poesía, “Baía narrativa”, “Baía verde”, “Ensaio”, “O Ensaio”, “O abc”, “Cómic”, “Guías e recursos”, “Guías do patrimonio cultural”, “Coñecemento do medio” e “Oposicións”.