Edison, Thomas Alva
Inventor norteamericano. Autodidacta, no ano 1863 comezou a traballar como operador telegráfico na Western Union Telegraph Company. En 1868 rexistrou a súa primeira patente, un aparato para rexistrar as votacións. Despois deseñou un teletipo e perfeccionou o sistema de telégrafo automático. Colaborou con C. L. Sholes na construción da primeira máquina de escribir, e conseguiu que o teléfono de G. Bell adquirise unha aplicación práctica xeneralizada ao incorporar o micrófono de carbón (1877-1878). En 1876 instalou en Menlo Park (New Jersey) os laboratorios de investigación de onde saíron a maior parte dos seus numerosos inventos (rexistrou máis de 1.000 patentes ao longo da súa vida), entre os que cabe subliñar o fonógrafo (1877), a lámpada de incandescencia (1879), o telégrafo de indución (1885), o cinetoscopio (1891), diversos tipos de dínamos e de motores e un tipo de acumulador alcalino moi empregado (1900-1910). En 1875 describiu unha “forza etérea” descoñecida e en 1883 patentou a válvula termoiónica que se fundamenta no efecto Edison. En 1927 nomeárono membro da Academia Nacional de Ciencias norteamericana.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Milán, Ohio -
Deceso
Lugar : Orange, New Jersey