Edmonton

Edmonton

Capital da provincia de Alberta, Canadá, na marxe dereita do río North Saskatchewan (616.306 h [1996]). O descubrimento de petróleo en 1947 converteuna nun importante complexo petroquímico e de refinado. Ademais é un destacado centro comercial, industrial e de comunicacións, situado nunha rica zona agrícola e mineira. Tamén son unha base importante na economía da cidade as investigacións en biotecnoloxía, telecomunicacións e meteoroloxía, e a transformación de produtos petroquímicos e plásticos. Do seu patrimonio cultural cómpre salientar o Alberta Legislature Building e a Syncrude Gallery of Aboriginal Culture, incluída no Provincial Museum of Alberta.