Edmundo I
Edmundo I
Rei de Wessex (939-946), fillo de Eduardo I o Vello. Participou na Batalla de Brunanburh (937) e, despois de acceder ao trono, enfrontouse aos daneses que ocuparan Northumbria. Expulsounos no 944 e ao ano seguinte recuperou o reino de Strathcycle que devolveu a Malcolm I de Escocia.