Edreira Acebo, Xoán Xosé

Edreira Acebo, Xoán Xosé

Director coral e compositor. Na Coruña dirixiu o Orfeón La Aurora e a Coral Polifónica El Eco. O 7 de xullo de 1923 debutou á fronte do Coro Toxos e Froles no Salón Círculo Recreativo de Redes coa estrea da súa obra Orballeiras, colectivo que dirixiu ata a súa morte; e o día 15 do mesmo mes actuaron nunha homenaxe a emigrantes galegos que chegaron dende La Habana. Así mesmo, dirixiu a agrupación en numerosas actuacións en Ferrol, Betanzos, A Coruña, Pontevedra, Vigo, Noia, etc. O 17 de abril de 1925 estreou o pasodobre Toxos e Froles, para seis voces mixtas, e o 15 de outubro e o 22 de decembro de 1926 Gaitiña mía, para piano e canto, e A neve, todas elas da súa autoría. Da súa produción destacan, ademais, numerosas obras para piano, guitarra e orquestra, e tamén un arranxo de Negra sombra e as pezas A volta da feira de Portomarín, A festa dos mariñeiros, A volta do emigrante, Pastoriza e Na festa do Patrón, todas elas para catro voces.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : A Coruña

  • Deceso