Diario de Galicia

Diario de Galicia
[PUBLIC]

Xornal de tendencia católico-monárquica que apareceu en Santiago de Compostela o 28 de novembro de 1908. Subtitulado “Periódico de la mañana. Telegráfico, noticiero y de información general”e contaba co apoio do cardeal Martín de Herrera. Cesou o 21 de setembro de 1930 (nº 6.886) e definíase como o de maior circulación da cidade. Con constantes referencias a outras publicacións como Vida Gallega, Noroeste ou La Región, contou coa colaboración de Antonio G. Queipo, Romero Blanco e Antonio López. Na edición do 24 de maio de 1910 (nº 443) inseriu un “Esbozo biográfico” en homenaxe a Antonio López Ferreiro. Ofreceu tamén información sobre a Festa da Lingua Galega que se celebrou en 1924 no Teatro Principal, na que se premiou a Eladio Rodríguez, Vicente Risco, Otero Pedrayo, Filgueira Valverde e Uxío Carré Aldao. Ademais, reproduciu o poema de Rosalía de Castro “O meu secreto” e un poema de Manuel Pose.