dicdic

dicdic
Nome científico: [Madoquasaltiana, Fam dos bóvidos]
s m [ANIMAL]

Antílope de ata 40 cm de altura na cruz e 4 kg de peso. A pelaxe é curta e dura, de cor leonada ou cinsenta nas partes superiores e branca ou amarela nas inferiores, cun anel de cor branca ao redor dos ollos. O corpo é macizo e as extremidades moi delgadas, cos pezuños longos e estreitos e a cola moi curta; a cabeza é redondeada con orellas longas. Os machos presentan uns pequenos cornos rectos de cor negra. As parellas fórmanse de por vida e ocupan ininterrompidamente un mesmo territorio que delimitan mediante secreccións oculares e excrementos. Vive en zonas de vexetación mesta das chairas e zonas montañosas de Somalia e nalgunhas rexións de Etiopia.