Dimas, san
Dimas, san
Rebelde celote crucificado a carón de Cristo no monte Calvario. Figura no martiroloxio o 10 de abril, co apelativo de “bo ladrón” (latro na xerga política latina significaba ‘membro dun grupo armado de resistencia á ocupación romana’), alcume que lle deu a tradición polo seu arrepentimento. É o patrón dos moribundos, condenados a morte, pecadores arrepentidos e ladróns, entre outros; e o seu culto aparece asociado ao doutros pecadores arrepentidos. Na iconografía aparece crucificado á dereita de Cristo.