dimensión

dimensión

(

  1. s f

    Tamaño dun corpo. OBS: Emprégase normalmente en plural.

    Ex: Comprou un piso de dimensións reducidas. As dimensións da táboa son dous metros de longo, un de ancho e seis centímetros de groso.

  2. s f [MAT]

    Número enteiro asignado a un espazo para indicar en qué forma se estende e cál é o grao de independencia das direccións que se conteñen nel. Deste xeito, o punto é de dimensión 0; a recta, de dimensión 1; o plano, de dimensión 2 (longo e ancho); e o espazo ordinario, de dimensión 3 (longo, ancho e alto).

  3. s f [MAT]

    Número n de vectores linealmente independentes que forman unha base dun espazo vectorial E.

  4. s f [MÚS]

    Medida dos compases.

  5. s f

    Alcance ou consecuencias que pode chegar a ter un feito ou acontecemento.

    Ex: Polo de agora non sabemos cáles son as dimensións da catástrofe.

    Confrontacións: magnitude.
  6. s f

    Modo de se presentar ou de ver algo.

    Ex: Non soubo ver a dimensión humana do problema, por iso non puido afrontalo.

Palabras veciñas

Dimas, san | dimatis | Dimbokro | dimensión | dimensionado -da | dimensional | dimensionamento