dioscoreáceo -a

dioscoreáceo -a

(

  1. adx

    Relativo ou pertencente ás dioscoreáceas.

  2. s f [PLANTA]

    Herbácea da familia das dioscoreáceas.

  3. s f pl [PLANTA]

    Familia de liliáceas integrada por herbáceas gabeadoras, de raíces e rizomas tuberosos. Algunhas especies de dioscoreáceas tamén se cultivan, como o ñame. A familia comprende máis de 670 especies, as máis delas de distribución tropical, que en Galicia está representada pola saltasebes.