Domingos da Calzada, san
Eremita. Pastor de oficio, foi ordenado presbítero polo cardeal Gregorio, a quen acompañou nas súas viaxes. Ao non ser aceptado no mosteiro de San Millán de la Cogolla e Santa María de Valvanera entregouse á vida eremita da oración e da penitencia. Co gallo de axudar os peregrinos que se dirixían a Compostela arranxou camiños, preparou albergues e un hospital, construíu unha ponte sobre o río Oja, unha calzada e unha igrexa, entre outras obras. Deste xeito creou a cidade que levaría o seu nome, Santo Domingo de la Calzada. A tradición atribúelle milagres, como o do galo que resucitou para probar a inocencia dun peregrino condenado á forca inxustamente por roubar un cáliz. Na iconografía viste hábitos monacais, con carapucha e báculo, e leva como atributos persoais un galo (ou galiña) e unha corda (alusión ao milagre do aforcado). É o patrón dos arquitectos e enxeñeiros. A súa festividade celébrase o 12 de maio.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Gasteiz -
Deceso
Lugar : Santo Domingo de la Calzada