Domínguez Dono, Xesús

Domínguez Dono, Xesús

Filólogo. Licenciouse en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Santiago de Compostela. Redactor da Enciclopedia Galega Universal (EGU), centra o seu traballo investigador no eido da lexicografía, xunto co ensino do galego para estranxeiros. Desde 1992, traballou no Seminario de Lexicografía da Real Academia Galega, onde participou na redacción do Pequeno dicionario da lingua galega (1993) e do Dicionario Manual Castelán-Galego (1996), e colaborou no Manual Básico de Economía en Galego (1996), no Dicionario Italiano-Galego (2000) e no Dicionario Galego de Termos Médicos (2002). Tamén é autor de varios traballos entre os que cómpre destacar “A fauna en Cunqueiro. As aves” (1993), en colaboración, “Algunas notas aproximativas a los lais de Bretanha: las dos ‘bailadas’” (1999) e “Reflexións sobre terminoloxía e léxicos específicos. Traducións, adaptacións e integracións léxicas” (2002).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : A Estrada