doutor -ra

doutor -ra

(< lat doctōre)

    1. s

      Persoa que posúe o máximo grao académico que outorga unha universidade ou determinadas escolas técnicas superiores, despois de superar os cursos de doutoramento e defender con éxito a súa tese doutoral.

    2. doutor honoris causa

      Título honorífico que conceden as universidades a unha persoa eminente.

  1. s

    Nome que se lle dá ao médico, aínda que non posúa o máximo grao académino.

    Ex: Tiven que ir ao doutor porque me doían moito as costas.

  2. s m

    Persoa de grandes coñecementos nunha materia.

    Ex: Ela non estudiou arte, non obstante é unha doutora na materia.

  3. [RELIX]
    1. doutor da Igrexa

      Título dado pola Igrexa católica a teólogos notables, tanto pola súa ortodoxia como pola súa santidade e importancia da súa obra. Recoñécelles esa dignidade a un total de 30 homes e dúas mulleres, todos canonizados, dos que unha gran maioría deles foron bispos. O título outorgouse por vez primeira no s IV. O número de doutores ampliouse no s V, pero dende o s VII a relación mantívose sen variacións ata mediados do s XVI, para medrar considerablemente nos ss XIX e XX, nos que se duplicou.

    2. doutor da lei

      Sabio que entre os xudeus tiña a misión de ensinar e interpretar a Torá ou Lei de Moisés.

Palabras veciñas

doután, a/ó | douto -ta | Doutón | doutor -ra | doutoral | doutoramento | doutorando -da