edo -da

edo -da

(< topónimo Edo)

  1. adx

    Relativo ou pertencente ao pobo edo.

  2. s [ETN/HIST]

    Individuo do pobo edo.

  3. s m pl [ETN/HIST]

    Pobo do S de Nixeria, formado por uns 2.000.000 de individuos, dedicados a actividades agrícolas, complementadas coa gandería e a pesca. Abandonaron dun xeito maioritario a súa relixión tradicional e adoptaron o islamismo ou o cristianismo, aínda que subsisten numerosas prácticas e crenzas animistas. Entre os ss XII e XIII constituíron o reino de Benin ou de Edo, ao O do río Níxer, que unificou decenas de minúsculos feudos ao redor do primeiro oba (rei sagrado) Eweka de Benin. No s XV, o reino estendeuse baixo o goberno do oba Ewuare e estableceu o carácter hereditario da monarquía, ao tempo que limitou a influencia do consello de xefes. Descuberto polos portugueses no 1485, no s XVI o oba Esigie converteuse en intermediario do tráfico de escravos, ao tempo que introduciu o monopolio sobre o comercio da pementa e do marfil. Trala morte de Esigie (1550) o poder volveu aos xefes locais. A perda do poder real favoreceu a decadencia do reino, incrementada no s XIX polos ataques dos reinos musulmáns do N e do estado ioruba de Ibadan no O. Foron conquistados polos británicos (1897) e integráronse na colonia de Nixeria (1914).

  4. s m [LING]

    Lingua da familia lingüística edoide do grupo benue-congo, que forma parte do phylum níxer-congo, que se fala en Nixeria. Unha das variedades do edo é o bini.