Eduardo de Inglaterra o Príncipe Negro

Eduardo de Inglaterra o Príncipe Negro

Fillo de Eduardo III de Inglaterra e de Filipa d’Hainaut. Duque de Cornualla (1337) e príncipe de Gales (1343), combateu contra os franceses na Guerra dos Cen Anos e acadou as vitorias de Crécy (1346) e Poitiers (1356). Recibiu do seu pai extensos territorios na Aquitania (1363), onde emprendeu unha política centralizadora que contou coa oposición da nobreza. Interveu na Guerra dos Dous Pedros (1356-1369) a favor de Pedro I o Cruel e acadou a vitoria en Nájera, pero pactou a repartición de Castela con Pedro IV o Cerimonioso de Aragón e Carlos de Navarra. Desvinculouse da política peninsular logo da morte de Pedro I o Cruel (1369). Por mor da súa mala saúde, cedeulle o goberno de Aquitania ao seu irmán Xoán de Gante (1372) e volveu a Inglaterra.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Woodstok

  • Deceso

    Lugar : Westminster