educabilidade
educabilidade
(
s
f
[EDUC]
Capacidade que os humanos teñen, como tales, de adquirir novas condutas, coñecementos e valores ao longo da súa existencia. A educabilidade susténtase na plasticidade ou capacidade de cambio ou de adquisición de novas condutas dos seres vivos, tanto máis canto máis complexa é a súa estrutura biolóxica; neste sentido considérase que os humanos son seres permanentemente inacabados. A educabilidade contémplase como un gradiente operativo que vai definindo o grao de educabilidade segundo a cantidade e calidade das aprendizaxes que o individuo vai realizando ao longo de toda a existencia.