Edwards, Jorge
Edwards, Jorge
Escritor, sobriño de Joaquín Edwards Bello. Periodista e diplomático, estudiou dereito na Universidad de Chile, foi secretario de Pablo Neruda en París e participou no goberno de Salvador Allende. É autor de contos (Las máscaras, 1967; Persona non grata, 1973; Cuentos completos, 1990) e de novelas (El peso de la noche, 1965; Los convidados de piedra, 1978; El origen del mundo, 1996; El sueño de la historia, 2000). Membro da Academia Chilena de la Lengua e correspondente da Real Academia Española, recibiu o Premio Nacional de Literatura (1994), o Premio Cervantes (1999) e a Orden ao Mérito Gabriela Mistral.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Santiago de Chile