eflorescencia

eflorescencia

(

  1. s f [QUÍM]

    Proceso mediante o que os sales hidratados perden a totalidade ou unha parte da súa auga de cristalización cando a súa presión de vapor é máis alta ca a do ambiente, nun intento de igualar as dúas. A perda das moléculas de auga provoca a ruptura do retículo cristalino.

  2. s f [XEOL]

    Formación dendrítica de pequenos cristais formados a rentes do chan pola evaporación de solucións salinas do solo.

  3. s f [PAT]

    Calquera formación eruptiva da pel.

Palabras veciñas

efírula | efixiar | efixie | eflorescencia | eflorescente | efluencia | efluente