efixie

efixie

(< lat effigĭe)

  1. s f

    Imaxe ou representación dunha persoa ou dunha parte do seu corpo.

    Ex: Conservamos unha moeda coa efixie de Cleopatra.

    Confrontacións: imaxe, retrato.
  2. s f

    Personificación dunha cousa ideal ou inmaterial.

    Ex: Esa moza sempre anda alegre, é mesmamente a efixie da felicidade.

  3. execución en efixie [HIST]

    Execución que consistía en queimar a efixie do condenado ou en colgar dun pau o extracto do xuízo condenatorio.

Palabras veciñas

efíreo -ra | efírula | efixiar | efixie | eflorescencia | eflorescente | efluencia