EFTA

EFTA

Asociación europea de libre comercio creada en Estocolmo en novembro do 1959 coa participación inicial de Reino Unido, Austria, Suíza, Suecia, Dinamarca, Noruega e Portugal, países aos que se adheriron Finlandia (1961) e Islandia (1970). O seu obxectivo era establecer unha zona industrial de libre comercio a través dunha redución anual dos aranceis. En 1973, o Reino Unido e Dinamarca abandonaron a organización para adherirse á CEE, e posteriormente seguiron as retiradas de Portugal en 1986 e Austria, Finlandia e Suecia en 1995. Na década dos noventa formaban parte da EFTA Islandia, Suíza, Noruega e Liechtenstein (adherido en 1991). En 1992 acordaron coa CEE (agás Suíza) a creación dunha Área Económica Europea ( EEA) que entrou en vigor en 1994 e permitiu o acceso da EFTA ao mercado da CEE. No 2000 asinou un acordo de libre comercio con México, o primeiro de carácter transatlántico, que entrou en vigor en xullo do 2001; e no 2002 con Singapur, en vigor dende xaneiro do 2003.