Ega

Ega

Río do País Vasco, afluente pola esquerda do Ebro (80 km). De réxime pluvial oceánico, nace na Serra Cantábrica, dende onde se dirixe cara ao leste, seguindo un val estreito e fondo cara a Estella, onde recibe o Urenderra. Dende alí adopta dirección sur e encáixase nos materiais brandos do Oligoceno.