Egger-Lienz, Albin
Egger-Lienz, Albin
Pintor austríaco. Formouse na Akademie der Bildenden Kunste de Múnic (1884-1893). Cultivou unha pintura realista cun certo carácter relixioso e representou escenas da vida campesiña e da guerra contra Napoleón. Entre as súas obras destaca Ave María despois da batalla do Bergisel (1893-1896). Recibiu, entre outros galardóns, a terceira medalla na Exposición Universal de París de 1900 e o Premio Cittá de Venezia na Bienal de Venecia de 1922.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Striboch -
Deceso
Lugar : Santa Justina