ego

ego

(< lat ego)

  1. s m [PSIC]
    1. Unidade dinámica que constitúe o individuo consciente da súa propia identidade e da súa relación co medio; daquela é o punto de referencia de todos os feitos psíquicos.

    2. Instancia psíquica que, segundo a psicanálise, une o id (iso) co mundo exterior e fai de ponte entre o id e o superego. Resulta da diferenciación que o contacto coa realidade exterior impón ao id, ou estrutura psíquica primitiva. Dotado de consciencia, selecciona e controla unha parte dos desexos e as esixencias que deriven da estrutura psíquica primitiva. Polo tanto é un sistema de adaptación á realidade.

  2. s m

    Sentimento excesivo da propia personalidade.

    Ex: O seu ego fai que ninguén o ature máis dun minuto.

Palabras veciñas

égloga | Egmont Egmond | Egmont ou Egmond | ego | 1 ego- | 2 ego- | Egoa