ego
ego
(< lat ego)
-
s
m
[PSIC]
-
Unidade dinámica que constitúe o individuo consciente da súa propia identidade e da súa relación co medio; daquela é o punto de referencia de todos os feitos psíquicos.
-
Instancia psíquica que, segundo a psicanálise, une o id (iso) co mundo exterior e fai de ponte entre o id e o superego. Resulta da diferenciación que o contacto coa realidade exterior impón ao id, ou estrutura psíquica primitiva. Dotado de consciencia, selecciona e controla unha parte dos desexos e as esixencias que deriven da estrutura psíquica primitiva. Polo tanto é un sistema de adaptación á realidade.
-
-
s
m
Sentimento excesivo da propia personalidade.
Ex: O seu ego fai que ninguén o ature máis dun minuto.