Eguibar, Teresa
Escultora. Iniciouse na pintura para despois dedicarse á escultura xunto ao seu home, o escultor Lorenzo Rechilla. As súas primeiras obras son de carácter figurativo e de tendencia expresionista, e mostran a influencia de Giacometti, Marini e El Greco. En 1963 a súa obra volveuse abstracta, co emprego do bronce e da madeira en combinación con restos de formas orgánicas. En 1968 a figura adoptou unha maior relación co espazo que o rodeaba ao realizar obras en aceiro inoxidable pulido a espello. A finais dos anos setenta retomou o bronce cunha preocupación polo tectónico. Posteriormente, a súa obra abrangueu unha primeira serie de obxectos, realizados en metal, e unha segunda serie na que a soldadura reforza as obras realizadas en aros e cilindros de formas crebadas. Foi unha das fundadoras do grupo ESTE-OESTE, co que expuxo en Europa nos anos sesenta. A súa obra está presente, entre outras coleccións, no Museo da Coruña, no Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía de Madrid e no Museo Evendorg de Copenhaguen.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Madrid