Egustiza, Rogelio de
Egustiza, Rogelio de
Pintor. Formouse con F. Mendoza e na École des Beaux Arts de París. Relacionouse con Fortuny e con Raimundo e Ricardo Madrazo. Realizou cadros inspirados na estética de Wagner, entre os que destacan Titurel e Anfortas. Cultivou tamén a pintura histórica. Entre outras obras cómpre salientar Miguel Ángel ante el cadáver de Victoria Colonna e La jura del príncipe Carlos en Valladolid. Recibiu unha medalla na Exposición Universal de París de 1900 por un conxunto de gravados, entre os que sobresae El Santo Grial.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Santander -
Deceso
Lugar : Madrid