Ehrharta

Ehrharta

Xénero de herbáceas, da familia das poáceas, de ata 75 cm de altura, perenne, cespitícola e glabra, con follas de 9 cm de lonxitude e 5 mm de ancho, de marxe ondulada e lígulas de 1 mm de lonxitude; as inflorescencias son panículas de 22 cm de pequenas espigas de ata 9 mm. A especie E. calycina, orixinaria de África meridional, introduciuse en California de xeito intencionado para intentar adaptala como planta de pasto, e, dende alí, difundiuse a numerosas costas do mundo. En Galicia aparece naturalizada no sudoeste.