Ehrlich, Paul Ralph
Biólogo estadounidense. Estudiou na University of Pennsylvania, na que se licenciou en 1953, e na University of Kansas, na que se doutorou en 1957. Profesor de demografía e de bioloxía dende 1959 na Stanford University, dedícase fundamentalmente ao estudo da bioloxía demográfica, da xenética de poboacións en insectos e das interaccións ecolóxicas e evolutivas entre plantas e herbívoros. Publicou, entre outros libros, The Population Bomb (A bomba poboacional, 1968), Human Ecology (Ecoloxía humana, 1973), The Process of Evolution (O proceso da evolución, 1974), Introdution to Insect Biology diversity (Introdución á diversidade da bioloxía dos insectos, 1978), The Golden Door: International Migration, Mexico and U.S. (A porta de ouro: a emigración internacional, México e EE UU, 1979) e Extinction: The Causes and Consequences of the Disappearance of Species (Extinción: as causas e as consecuencias da desaparición das especies, 1981), e máis de 400 artigos científicos e de divulgación.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Philadelphia