eidos

eidos

(< gr εἷδος 'forma, figura, aspecto exterior')

  1. s m [FILOS]

    Aspecto esencial dunha realidade. No sistema platónico tratábase dunha imaxe real e propia da esencia das cousas, diferenciable dos individuos que participan dela, mentres que no pensamento aristotélico a imaxe encárnase nos individuos. No pensamento contemporáneo Edmund Husserl empregou o termo para indicar a esencia que se fai evidente mediante a redución fenomenolóxica.

  2. s m [PSIC]

    Característica fundamental que, na psicoloxía da Gestalt (psicoloxía da forma), toda configuración completa ten como conxunto e que, polo tanto, resulta irredutible á suma das súas partes.

Palabras veciñas

eido | Eido | Eido | eidos | Eidos | Eidos | eidos, Os