Eiffel, torre

Eiffel, torre

Construción metálica situada no Champ-de-Mars en París. Erixida por Alexandre-Gustave Eiffel e os seus colaboradores, Maurice Koechlin e Emile Nouguier, entre 1887 e 1889, con motivo da Exposición Universal deste último ano, ten unha altura de máis de 300 m, sen contar a antena instalada no seu cumio. Construída en ferro, apóiase nunha base de catro arcos que descansan sobre catro piares que, a medida que ascenden, xiran cara ao interior e se unen nun só corpo. No interior sitúanse as escaleiras e os ascensores para acceder aos tres miradores localizados a distintas alturas.

Palabras veciñas

Eiermann, Egon | Eifel | Eiffel, Alexandre-Gustave | Eiffel, torre | Eigen, Manfred | Eiger | Eight, The