Eight, The
Eight, The
Grupo de pintores estadounidenses unidos pola oposición á National Academy of Design, que formaron Arthur B. Davis, William James Galckens, Robert Henri, Ernest Lawson, George Luks, Maurice Predergast, Everett Shinn e John Sloan. Tralo rexeitamento da obra de Galckens, Luks e Sloan por parte da Academy en 1907, Davis organizou unha exposición en 1908 na galería Macbeth de Nova York. A mostra levouse a diversos museos durante un ano pero foi a única ocasión na que expuxeron xuntos. Como grupo non tiveron unha unidade estilística, aínda que todos reflectiron nas súas obras temas da vida urbana contemporánea. Moitos dos seus membros integráronse na Ash Can School.