Eijo Garay, Leopoldo

Eijo Garay, Leopoldo

Eclesiástico. Estudiou no seminario de Sevilla e aos quince anos trasladouse a Roma, onde se ordenou sacerdote e se doutorou en Filosofía, Teoloxía e Dereito Canónico. Foi nomeado bispo de Tui en maio de 1914, e en marzo de 1917 bispo de Vitoria. Entre 1923 e 1963 dirixiu a diocese de Madrid-Alcalá. Centrou o seu labor nas zonas suburbiais, nas misións, no seminario e no clero, para o que creou a Obra Diocesana de los Suburbios, o Secretariado de Misiones, o seminario de Alcalá de Henares e numerosas institucións e centros de formación para os seminaristas e o clero. Publicou numerosos discursos, conferencias e cartas pastorais, como La Encíclica Rerum Novaron y los obreros (1911), El primer origen de la vida según el Hexámeron y según la ciencia (1913) e Esbozo apologético de la poesía eucarística clásica española (1939). Recibiu, entre outras condecoracións, as grandes cruces de Isabel la Católica, Alfonso X el Sabio e Cisneros; a da Orde do Cristo de Portugal e a Gran Cruz de Cuba. Foi procurador en Cortes e membro do Consejo del Reino. Presidiu o Instituto de España (1942-1963) e dirixiu o Consejo Superior de Investigaciones Científicas. Foi membro da Real Academia de la Lengua (1927), da Academia de Ciencias Morales y Políticas (1935), da Real Academia Galega e da Academia de Buenas Letras de Sevilla.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Vigo

  • Deceso