Eis

Eis

Publicación aparecida en maio de 1990 en Santiago de Compostela e subtitulada “Revista Universitaria do CMU Rodríguez Cadarso”. Incluíu artigos moi heteroxéneos, nos que se analizaba a obxección de conciencia, a diferenza entre a ditadura e a democracia e a práctica de deportes. Ademais, engadía diversos documentos históricos, textos literarios e composicións poéticas. Nas páxinas centrais insería unha ficha coleccionable con información sobre as árbores do campus, acompañada dunha fotografía en cor.