Eisner, Kurt

Eisner, Kurt

Escritor e político. De ascendencia xudía, ingresou no Partido Socialista e foi un dos principais colaboradores de Vorwärts. En 1914 mostrouse contrario á guerra e á política anexionista panxermanista. En xaneiro de 1918 foi encarcerado por fomentar a folga entre os obreiros metalúrxicos. Liberado en outubro, encabezou a Revolución de Baviera. Morreu asasinado polo conde Arco-Valley, do partido monárquico.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Berlín

  • Deceso

    Lugar : Múnic