Eisner, William Erwin

Eisner, William Erwin

Debuxante e guionista de cómics. Coñecido como Will Eisner, realizou os seus primeiros traballos na revista Wow (1936-1937). Asociouse con Jerry Iger no taller S. M. Iger Studios. Produciron, entre outras, as series, Hawks of the seas (Os falcóns dos mares), Sheena, K-5 e Wild Tex Martin. A finais da década de 1930 abandonou o taller. Entre as súas obras destacan The Black Condor (O cóndor negro), Uncle Sam (Tío Sam), The dreamer (O soñador), The Spirit (O Espírito), A contract with God (Contrato con Deus), Life on another planet (Vida noutro planeta) e Little miracles (Pequenos milagres).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Nova York