Eixo

Eixo

Publicación bimensual aparecida en marzo de 1976 en Santiago de Compostela. Subtitulouse “Revista de la Caja de Ahorros Monte de Piedad de Santiago”. Dirixida por José L. Sánchez López, contou coa colaboración de Álvaro Cunqueiro, Máximo Sar, Carlos García Bayón e Xosé Filgueira Valverde. Incluíu novas de carácter económico, referencias a outras publicacións e artigos literarios, ademais de poemas.