Ejemplo, El
Ejemplo, El
Publicación de tendencia conservadora aparecida na Coruña a partir do 16 de xullo de 1873 e subtitulada “Diario de La Coruña”. Fundada por Xosé Hernández e Grandal, contou coa colaboración de Ricardo Acebedo. Editouse todos os días, agás os seguintes a festivos. Incluíu novas de carácter xeral, un boletín xudicial e un apartado dedicado á economía. Por mor das súas críticas ao ferrocarril, en 1874 o gobernador civil ameazou con suspender a súa edición.