Ejido, El

Ejido, El

Municipio da provincia de Almería, Andalucía, na beira dereita do río Adra (47.610 h [1996]). É un importante centro agrícola, industrial e comercial. Gran parte da industria e do comercio relaciónanse con actividades de elaboración e comercialización de produtos hortofrutícolas, empresas de transportes e fabricación de material para invernadoiros. Do seu patrimonio cultural destacan o mausoleo romano de El Daymún, a cidade romana de Murgi, a torre fortificada de Balerma (s XVIII) e o castelo de Guadias Viejas (s XVIII).