Ekibastuz

Ekibastuz

Cidade do oblast’ de Pavlodar, en Kazakhastán, situada no canal Irtysh (139.500 h [1997]). Ten importantes xacementos de carbón. A cidade naceu coa actividade mineira do carbón no s XIX, aínda que non se modernizou ata a década de 1950 coa chegada do ferrocarril.