elastina
elastina
(
s
f
[BIOQ]
Escleroproteína de propiedades elásticas que constitúe un dos tipos principais de fibras do tecido conxuntivo. É rica en glicina, alanina, valina, prolina e outros aminoácidos non polares. A elastina é especialmente abundante nos ligamentos dos vertebrados, no corazón e nas paredes dos vasos sanguíneos, onde vai asociada con mucopolisacáridos e mucoproteínas. Dixerible pola peptina e tripsina, aínda que non se converte en xelatina pola ebulición na auga.