elástico -ca
elástico -ca
(< lat elastĭcu‘dúctil’)
-
adx
Que se pode estirar e que recupera a súa forma orixinal cando deixa de actuar sobre el a forza que o deformaba.
Ex: Podes usar goma elástica para amañar esa saia que che queda frouxa.
Sinónimos: flexible. -
adx
Que se adapta con facilidade a distintas situacións ou circunstancias.
Ex: Ten unha actitude tan elástica que non temos problemas de convivencia.
Sinónimos: flexible. -
adx
Que admite diversas interpretacións.
Ex: O tema do debate de hoxe é moi elástico e admite moitas e diferentes interpretacións.
Sinónimos: flexible. - s m
-
s
m
Fita ou cordón de goma ou material flexible.
Ex: Rompeume o elástico das gafas de natación.
Sinónimos: goma.