elástico -ca

elástico -ca

(< lat elastĭcu‘dúctil’)

  1. adx

    Que se pode estirar e que recupera a súa forma orixinal cando deixa de actuar sobre el a forza que o deformaba.

    Ex: Podes usar goma elástica para amañar esa saia que che queda frouxa.

    Sinónimos: flexible.
  2. adx

    Que se adapta con facilidade a distintas situacións ou circunstancias.

    Ex: Ten unha actitude tan elástica que non temos problemas de convivencia.

    Sinónimos: flexible.
  3. adx

    Que admite diversas interpretacións.

    Ex: O tema do debate de hoxe é moi elástico e admite moitas e diferentes interpretacións.

    Sinónimos: flexible.
  4. s m
    1. Tecido que ten elasticidade pola súa estrutura ou polas materias que o forman.

      Ex: Os pantalóns que máis me gustan son os que teñen elástico.

      Sinónimos: flexible.
    2. Parte dunha peza de roupa que se adapta ou axusta ao corpo.

      Ex: Os elásticos dos calcetíns moléstanme nos nocellos.

      Sinónimos: goma.
  5. s m

    Fita ou cordón de goma ou material flexible.

    Ex: Rompeume o elástico das gafas de natación.

    Sinónimos: goma.

Palabras veciñas

elastancia | elastase | elasticidade | elástico -ca | elastina | elastómero | elastoplasticidade