elasticidade

elasticidade

(< elastico)

  1. s f

    Calidade de elástico.

    Ex: A pel perde elasticidade cos anos. Fixaron a data da xuntanza pero con certa elasticidade.

    Sinónimos: flexibilidade. Antónimos: rixidez.
  2. [FÍS]
    1. s f

      Propiedade dos materiais que se manifesta pola desaparición das deformacións producidas por forzas exteriores de intensidade inferior a un certo límite, ao deixar de actuar sobre eles estas forzas.

    2. teoría da elasticidade

      Rama da física que estudia a mecánica dos corpos sólidos considerados como medios continuos, isto é, que estudia a relación entre as forzas que actúan sobre un corpo e a deformación que lle producen. É unha teoría microscópica, xa que se interesa só polo comportamento do conxunto das moléculas que forman o corpo ou unha parte do corpo. Hai que considerar que as forzas ou tensións internas exercidas sobre unha parte do corpo polas partes veciñas, actúan soamente na superficie daquela parte. A análise vectorial demostra que isto é posible se a forza resultante se pode considerar como a diverxencia dun tensor de segunda orde, que recibe o nome de tensor de tensións. Baixo a acción das forzas exteriores, os sólidos defórmanse, é dicir, cambian de forma e volume. Pódese atopar a distancia entre dous puntos despois da deformación, en función da posición orixinal e dun tensor de segunda orde que se chama tensor de deformación. Entre o tensor de deformación e o tensor de tensións hai unha relación que é a expresión da lei de Hooke que establece a proporcionalidade entre os esforzos e as deformacións. Esta lei, establecida en 1660, foi expresada posteriormente por T. Young na súa forma moderna. No mesmo ano 1660 Boyle defendeu que o aire ten “poder elástico”. No campo das vigas, Mariotte estableceu que unha fracción das fibras da viga se comprime mentres que o resto das fibras se alongan. Baseándose nas conclusións de J. Bernouilli e de Euler, Cauchy e Poisson estableceron arredor de 1820 as ecuacións fundamentais da teoría da elasticidade, que contribuíu ao desenvolvemento moderno da enxeñería e da arquitectura.

  3. s f [ECON]

    Índice que mide a variación que experimenta unha variable fronte aos cambios doutra.

Palabras veciñas

elasmobranquio -quia | elastancia | elastase | elasticidade | elástico -ca | elastina | elastómero