Elâzi
Elâzi
Capital do il homónimo, na rexión da Anatolia Oriental, Turquía, situada ao NL de Malatya (250.534 h [1997]). É un importante centro agrícola (cereais e froitas) e industrial. Fundada no s XIX na chaira próxima á antiga cidadela de Harput, os terremotos destruírona en diversas ocasións. Do seu patrimonio cultural destacan as mesquitas.