electro

electro

(< lat electrum < gr ἤλεκτρον ‘ámbar’)

  1. s m [METAL]

    Aliaxe de ouro e prata que se pode localizar, entre outros lugares, no O dos EE UU, nos Urais, en Kazakhstán, en España e en Asia Menor. A súa cor varía entre a amarela e a branca, en función da cantidade de prata que conteña. Pode incluír tamén outros metais como o cobre. Empregouse dende o s VII a C para cuñar moedas. O contido de ouro nas moedas antigas variaba entre un 30% e un 80%. Normalmente, contén 73 partes de ouro por 27 de prata.

  2. s m [NUMIS]

    Primeira moeda cuñada ao redor do 680 a C, baixo o goberno do Rei Gixes, no Reino de Lidia (Asia Menor). Consistía nun anaco de aliaxe de electro de forma redondeada, cunha pureza determinada e cun peso estable, marcada co selo do rei nunha das súas caras.