elemí

elemí

(

s m [QUÍM]

Grupo de oleorresinas de consistencia sólida e branda, dunha cor amarelada, máis ou menos escura, e de cheiro aromático. Solubles en éter, alcohol, cloroformo, disulfuro de carbono e alcohol bencílico. Empréganse para a elaboración de vernices e de lacas, aos que dan consistencia, en perfumería e en produtos farmacéuticos, pola súa acción analxésica, funxicida, antiviral e expectorante. O elemí máis importante é o de Manila, extraído de especies do xénero Canarium, propias de Filipinas.

Palabras veciñas

elementarismo | elemento | Elementos | elemí | Elena | elenco | eleo-