Elgar, Edward
Elgar, Edward
Compositor inglés. Compuxo pezas de salón, obras corais e cantatas, influído por R. Schumann, J. Brahms e R. Wagner. Da súa produción destaca Enigma Variations (1899), Sea Pictures (1899), o poema sinfónico Falstaff (1913) e as cinco marchas Pomp and Circumstance. Así mesmo, é autor de oratorios, sinfonías, sonatas e concertos para violín.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Broadheath, Worcester -
Deceso
Lugar : Worcester